Elaboración de presentacións Impress en Libre-Office
Entidade:
Biblioteca Pública Ánxel Casal
Data de inicio:
Lun, 19/06/2017
Colectivo de actuación:
Outros
Tipo do voluntariado:
Presencial
Localidade:
Santiago de Compostela
Perfil/requisitos:
Informático/a
Descrición:
A biblioteca Ánxel Casal precisa unha persoa voluntaria para a realización do apoio "Elaboración de presentacións Impress en Libre-Office". A duración do curso estímase nunhas 10 horas repartidas en varias sesións de 2 horas. O horario é de 10.30 a 12.30. Contidos do curso:
Comunicar mensaxes con maior eficacia grazas á utilización de presentacións.
Crear, renomear e eliminar presentacións.
Identificar os principais elementos e funcións de Impress.
Realizar presentacións de diapositivas.
Boas maneiras para unha presentación eficaz.
Localizar e compartir presentacións na Internet.
Tanto os horarios como as datas de realización do apoio están suxeitos a modificacións en función da dispoñibilidade do voluntario/a.