INICIACIÓN Á INFORMÁTICA E O PROCESADOR DE TEXTOS LIBREOFFICE
Entidade:
Biblioteca Pública da Coruña
Data de inicio:
Lun, 11/05/2015
Tipo do voluntariado:
Presencial
Perfil/requisitos:
Voluntario con capacidade para comunicar con sinxeleza os fundamentos da informática a persoas que non teñen coñecementos de informática, normalmente, persoas de avanzada idade
Descrición:
Destinatarios: Adultos sen coñecementos previos de informática.
Obxectivos:
· Acender e apagar correctamente o ordenador
· Manexar o rato e teclado con soltura
· Familiarizarse co entorno de traballo e as ventás do sistema operativo
· Aprender a xestionar arquivos e cartafoles (crear, eliminar, copiar, …)
· Copiar un documento nunha unidade extraíble (memoria USB)
· Coñecer as funcións esenciais do procesador de texto LibreOffice, crear, editar e/ou imprimir un documento