Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Maiores usando un portátil
14/11/14 (09:22)
Con seguridade todos tedes na vosa contorna familiares, amigos ou coñecidos maiores de 55 anos. Ou quizais sexas ti quen rolda esa idade da madurez e experiencia e te atopes un pouco estraño noutras redes sociais horizontais ou xeneralistas, onde todos teñen cabida sexan da idade que sexan, e non atopas moita sintonía para falar sobre vivencias ou compartir intereses. Veremos un par delas dedicadas ao colectivo de persoas de máis de 55 anos.
Moza usando o sistema Brain Computer Interface
13/11/14 (09:29)
O Museo da Ciencia acolle este mércores e até o domingo 16 de novembro a mostra interactiva Solucións innovadoras para a vida independente, un proxecto do Clúster SIVI, enmarcado dentro da Semana da Ciencia 2014 de Castela e León.
Galiciencia
13/11/14 (09:06)
Será a vindeira semana, do 19 ao 21 de novembro, na Tecnópole de Ourense (San Cibrao das Viñas) onde teña lugar a celebración da novena edición da Galiciencia, a feira científica de Galicia que este ano trae novidades. Entre elas: a ampliación do horario para acoller máis actividades e a participación de equipos formados por alumnos de Primaria, o que eleva o número de proxectos expostos a 64, o maior até a data. Cómpre dicir que a Galiciencia se atopa inserida na Semana da Ciencia en España por medio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), patrocinadora do evento xunto coa Consellería de Economía e Industria.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal