Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
A Valedora do Pobo, Milagros Otero, e Manuel Corredoira, director xeral de Educa
24/11/15 (08:22)
Hoxe estase a celebrar na Cidade da Cultura unha xornada sobre como poñer freo ao ciberacoso na que participan unhas duascentas rapazas e rapaces procedentes de todo o noso territorio, amais de representantes das institucións e entidades que máis están a traballar para frear, dende a educación máis activa, un problema que por desgraza está lonxe de esmorecer: o da violencia de xénero ao abeiro das novas tecnoloxías da comunicación.
Premiados en Galiciencia 2015
24/11/15 (08:13)
O pasado venres 20 de novembro dábanse a coñecer os gañadores da décima edición da Galiciencia 2015. O primeiro premio foi para un sistema de mellora da comunicación entre alumnos e profesores desenvolvido por alumnos vascos. Máis polo miúdo, o proxecto de Ander Aguiriano e Jonan Andoni Martin, da Lauro Ikastola (Amorebieta-Etxano, Bizkaia) sobresaía entre as 54 propostas de Secundaria que competían polo premio final, dotado con 1.000 euros para financiar a súa participación noutra feira científica estatal (Exporecerca 2016).
Persoa maior usando un ordenador
23/11/15 (09:17)
As novas tecnoloxías ofrecen unha gran cantidade de posibilidades aplicadas á vida diaria, que comprenden ámbitos comúns como o lecer ou o entretemento e mesmo outros máis funcionais ou técnicos como son os labores profesionais. Con todo, estas funcións que resultan comúns para a maioría da poboación, atopan unha utilidade destacable na mellora da calidade de vida dos maiores.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal