"TEAyudo a jugar" é unha ferramenta de aprendizaxe, intervención e inclusión social para persoas con trastorno do espectro do autismo ou outras diversidades do neurodesenvolvemento. A app, dispoñible para móbiles e tabletas de ata 10 polgadas, propón momentos de xogo de maneira visual.
Descarga para Android
Descarga para iOS
"TEAyudo a jugar" é unha ferramenta que busca favorecer a inclusión educativa e social mediante unha actividade fundamental no desenvolvemento infantil e a socialización: o xogo.
O dispositivo móbil utilízase como soporte visual motivador durante o xogo, tras establecer cos nenos/as algunhas premisas como: onde se vai a xogar?, a que se vai a xogar?, con quen se vai a xogar?, como se vai a xogar? e canto tempo imos xogar?
Consta de dúas partes complementarias e imprescindibles acompañadas dunha guía educativa e de uso:
1. Área de axustes ou configuración:
Dispón de varios xogos presentados en diferentes formatos (fotografías, pictogramas e vídeos) a modo de exemplo.
2. Área de anticipación e presentación do xogo:
"TEAyudo a jugar" foi creada en colaboración da Universidade de Murcia e A Fundación Orange dentro da convocatoria Soluciones tecnolóxicas aplicadas ao autismo 2016. O seu desenvolvemento vén a completar o sistema de traballo en torno ao programa de Inclusión Social Patios e Parques Dinámicos ®, creado por Gey Lagar, implementado en múltiples centros educativos e no contexto familiar.
Os símbolos pictográficos utilizados son propiedade do Gobierno de Aragón e foron creados por Sergio Palao para ARASAAC que os distribúe baixo Licenza Creative Commons (BY-NC-SA).
Regístrate como: