Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Persoa cega usando Navilens no metro.

Reinventando o código QR para persoas con discapacidade visual

Versión para impresiónSend by email
Barcelona, 01/03/18 (11:25)
  • Navilens mellora a autonomía das persoas invidentes a través do teléfono móbil.

 

Co obxectivo de mellorar a autonomía das persoas invidentes, o 'Mobile Vision Research Lab' da Universidade de Alacante e a compañía Neosistec levan traballando máis de cinco anos na plataforma 'Navilens'.

Un sistema integral de marcadores, que estivo presente no Mobile World Congress da man da Fundación Vodafone, que facilita o acceso á información das persoas cegas a través duns códigos QR que se desvinculan do tradicional: os ddTags.

Uns códigos bidi de cores, que se activan sen a necesidade de que o usuario achegue o teléfono móbil ao código, que permiten a persoas con discapacidade visual ler calquera cartel dotado destes adhesivos mediante os seus smarthphones.

Todo iso grazas á visión artificial, tal e como nolo conta o director do grupo de investigación MVRLab, Miguel Ángel Lozano Ortega: "NaviLens é un novo sistema integral de marcadores de cor baseada en visión artificial."

Acceso á noticia na web da Cadena Ser.

Tema: General
Fuente: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal