
Co obxectivo de mellorar a autonomía das persoas invidentes, o 'Mobile Vision Research Lab' da Universidade de Alacante e a compañía Neosistec levan traballando máis de cinco anos na plataforma 'Navilens'.
Un sistema integral de marcadores, que estivo presente no Mobile World Congress da man da Fundación Vodafone, que facilita o acceso á información das persoas cegas a través duns códigos QR que se desvinculan do tradicional: os ddTags.
Uns códigos bidi de cores, que se activan sen a necesidade de que o usuario achegue o teléfono móbil ao código, que permiten a persoas con discapacidade visual ler calquera cartel dotado destes adhesivos mediante os seus smarthphones.
Todo iso grazas á visión artificial, tal e como nolo conta o director do grupo de investigación MVRLab, Miguel Ángel Lozano Ortega: "NaviLens é un novo sistema integral de marcadores de cor baseada en visión artificial."
Acceso á noticia na web da Cadena Ser. [3]
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8308.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://cadenaser.com/ser/2018/02/28/ciencia/1519813209_748483.html