Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Cruz Vermella

Cruz Vermella elixe a Maceda para homenaxear aos seus voluntarios

  • 150 persoas daranse cita o vindeiro sábado no salón de actos da localidad para o acto oficial de recoñecemento
Versión para impresiónSend by email
Maceda, 20/09/17 (11:51)

Cruz Vermella celebrará o vindeiro sábado 23 de setembro o XVII Encontro Provincial do Voluntariado, co que a institución benéfica quere homenaxear e agradecer o desinteresado labor do seu equipo de voluntarios en toda a provincia ourensana. O acto oficial terá lugar ás 11,30 horas no salón noble do Concello de Maceda, no que 25 persoas recibirán o recoñecemento polo seu  labor voluntario, implicación e entrega nas diferentes asambleas comarcais de Cruz Vermella en Ourense. 

Nel daranse cita máis de 150 voluntarios de toda a provincia. As actividades previstas para ese día inclúen tamén a visita ao Museo Obradoiro de Olería de Niñodaguia, en Xunqueira de Espadanedo. A foto de familia farase despois da comida de confraternización que terá lugar no Hotel Oca Vila de Allariz. Tras ela, os voluntarios, organizadores e responsables do ente en Ourense percorrerán os xardíns de Allariz.

Accede aquí á noticia completa.

Tema: General
Fuente: La region
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal