
Cruz Vermella celebrará o vindeiro sábado 23 de setembro o XVII Encontro Provincial do Voluntariado, co que a institución benéfica quere homenaxear e agradecer o desinteresado labor do seu equipo de voluntarios en toda a provincia ourensana. O acto oficial terá lugar ás 11,30 horas no salón noble do Concello de Maceda, no que 25 persoas recibirán o recoñecemento polo seu labor voluntario, implicación e entrega nas diferentes asambleas comarcais de Cruz Vermella en Ourense.
Nel daranse cita máis de 150 voluntarios de toda a provincia. As actividades previstas para ese día inclúen tamén a visita ao Museo Obradoiro de Olería de Niñodaguia, en Xunqueira de Espadanedo. A foto de familia farase despois da comida de confraternización que terá lugar no Hotel Oca Vila de Allariz. Tras ela, os voluntarios, organizadores e responsables do ente en Ourense percorrerán os xardíns de Allariz.
Accede aquí á noticia completa. [3]
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/cruzroja.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://www.laregion.es/articulo/allariz/cruz-roja-elige-maceda-homenajear-voluntarios/20170919100251736621.html