Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Logo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.

Premios Estatais ao Voluntariado Social 2017

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 16/06/17 (10:49)

Os Premios Estatais ao Voluntariado Social recoñecen a acción voluntaria das persoas físicas ou xurídicas, desenvolvida ante as situacións de vulnerabilidade, privación ou falta de dereitos a través de programas de voluntariado que pretendan:

    Favorecer a igualdade de oportunidades e non discriminación, e a procura da transformación social.
    Conseguir unha mellora social, tanto nas persoas, como nas súas contornas.

Concederase un único premio en cada unha das seguintes modalidades:

    Modalidade individual, dirixida ás persoas físicas.
    Modalidade colectiva, dirixida ás persoas xurídicas.

Ademais, poderá concederse unha mención honorífica para cada unha das modalidades mencionadas.

As solicitudes para ambas as modalidades formalizaranse nos modelos que figuran como anexo I desta resolución, ou a través da web do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade.

As persoas físicas poderán presentar as súas solicitudes de maneira presencial, nos rexistros do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, e en resto da Administración Xeral do Estado, Administracións das Comunidades Autónomas, Entidades que integran a Administración Local e oficinas de Correos, ou de forma electrónica.

As persoas xurídicas farano obrigatoriamente de maneira electrónica, a través da páxina web do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade.

As solicitudes deberán ir acompañadas dunha memoria explicativa dos méritos das candidaturas (ver anexo II da resolución), de documentos acreditativos da personalidade do solicitante e das persoas xurídicas ou físicas que se adhiran á proposta de candidatura, e en caso de persoas xurídicas, dos estatutos debidamente legalizados.

O prazo de presentación será de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da Resolución de convocatoria no BOE.

Tema: General
Fuente: Injuve
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal