Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

App Turismo Accesible

Turismo Accesible, a app que informa sobre lugares turísticos accesibles

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 27/01/16 (09:08)

A empresa Equalitas Vitae lanzou a aplicación Turismo Accesible, cuxo obxectivo é facilitar ás persoas con mobilidade reducida información sobre lugares turísticos que cumpran con requisitos de accesibilidade. A ferramenta permite aos usuarios decatarse mediante xeolocalización que lugares accesibles ten preto.

A aplicación prové información en tempo real sobre museos, restaurantes ou hoteis accesibles. Ademais, permite puntuar e valorar a accesibilidade dos lugares visitados así como compartir a información con outras persoas.

A aplicación é gratuíta e polo momento está dispoñible para dispositivos que operen con Android. A versión para iOS estará dispoñible proximamente.

Para máis información, visite o portal de Equalitas Vitae.

Tema: General
Fuente: Amovil
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal