UBIC é unha nova aplicación para móbiles con servizo de xeolocalización de espazos adaptados a discapacitados físicos en Xixón. Entre eses espazos pódense atopar desde prazas de aparcadoiro públicas adaptadas a hoteis con habitacións adaptadas, restaurantes accesibles, etc.
O obxectivo é facilitar a vida ás persoas con discapacidade física. Moitas veces atopan dificultades para facer algo tan cotián como saír a cear ou atopar un hotel cunha habitación adaptada.
"Sabemos que estes problemas existen, e o noso obxectivo é que, teñan o seu guía de viaxe particular. Que visitar Xixón sexa accesible e gocen da nosa cidade, no seu máximo esplendor", afirman os responsables da aplicación.
UBIC estará dispoñible a partir do 7 de xaneiro de 2015 en Google Play.
Pódese acceder a máis información sobre a aplicación nesta páxina web App UBIC, espazos adaptados en Xixón.
Regístrate como: