Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

NutreTIC

A Deputación de Lugo bota man das TIC para promover a boa alimentación

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 29/09/14 (08:08)

A educación nutricional a través das novas tecnoloxías encamiñada ás persoas maiores é o eixo sobre o que trata unha iniciativa posta en marcha pola Deputación de Lugo. O proxecto, organizado pola Fundación TIC e financiado integramente polo organismo provincial con preto de 20.000 euros, está composto por 40 obradoiros, dos que 5 se levarán a cabo en diferentes puntos da provincia, e 3 xornadas de sensibilización sobre a alimentación, que terán lugar no Centro de Innovación Social Inlugo.

As actividades realizaranse até finais de decembro e os participantes aprenderán os principios de alimentación e nutrición; a clasificación dos alimentos; tipos de dieta e etiquetado aplicando as novas tecnoloxías como, por exemplo Internet, que servirá de ferramenta para buscar alimentos e facer a compra en liña. Nos obradoiros crearanse vídeo-receitarios e un blog no que se irán compartindo os contidos do curso e se pendurarán tamén receitas, dietas e consellos nutricionais.

O prazo de inscrición nestas actividades está aberto na web da deputación. onde está dispoñíbel máis información sobre estes cursos, datas e lugares de celebración. En canto aos horarios, os obradoiros celebraranse entre as 11:00 horas e as 13:00 horas e de 16:30 horas e as 19:30 horas. Engadir que estas actividades non teñen límite de prazas.

Tema: General
Fuente: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal