Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Pulseira Vive

Un "wearable" que avisa ós teus amigos cando estás moi bébedo

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 26/09/14 (09:16)

Se bebemos demasiado cando saímos de festa, pódense producir situacións complicadas ou perigosas. E se o alcohol nos xoga unha mala pasada, o mellor é ter un amigo preto. Vive é un 'wearable' que se pode sincronizar con Facebook e con outros dispositivos similares para alertar ós amigos se se nos vai a man coas copas.

O 'wearable', un concepto presentado na Microsoft Research Design Expo 2014, conta con sensores que detectan o nivel de alcohol en sangue do usuario. O dispositivo non só queda nisto, xa que conta cun botón ó que hai que pulsar cada certo tempo para que o usuario poida demostrar ao 'wearable' que segue consciente. Se por un motivo ou outro, non se preme o botón, Vive lanza as coordenadas GPS a Facebook e os usuarios que estean "conectados" ao dispositivo poidan ir a recoller ó seu amigo.

Sen dúbida unha iniciativa moi interesante que foi galardoada co premio de "Mellor Concepto" no evento de Microsoft. Aínda non se coñece nin o prezo nin a data de saída, posto que é un concepto no que os investigadores seguirán traballando. 

Tema: General
Fuente: Portal TIC
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal