
Se bebemos demasiado cando saímos de festa, pódense producir situacións complicadas ou perigosas. E se o alcohol nos xoga unha mala pasada, o mellor é ter un amigo preto. Vive é un 'wearable' que se pode sincronizar con Facebook e con outros dispositivos similares para alertar ós amigos se se nos vai a man coas copas.
O 'wearable', un concepto presentado na Microsoft Research Design Expo 2014, conta con sensores que detectan o nivel de alcohol en sangue do usuario. O dispositivo non só queda nisto, xa que conta cun botón ó que hai que pulsar cada certo tempo para que o usuario poida demostrar ao 'wearable' que segue consciente. Se por un motivo ou outro, non se preme o botón, Vive lanza as coordenadas GPS a Facebook e os usuarios que estean "conectados" ao dispositivo poidan ir a recoller ó seu amigo.
Sen dúbida unha iniciativa moi interesante que foi galardoada co premio de "Mellor Concepto" no evento de Microsoft. Aínda non se coñece nin o prezo nin a data de saída, posto que é un concepto no que os investigadores seguirán traballando.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/fotonoticia_20140925182754_800.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()