Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Tactile Picture Book

A impresión 3D crea debuxos para os contos escritos en Braille

  • O proxecto conta xa con tres contos que inclúen texto en braille e imaxes táctiles. 
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 01/09/14 (10:10)

Un grupo de estudantes e profesores da Universidade de Colorado, en Estados Unidos, puxo en marcha un proxecto para que os nenos invidentes poidan gozar das imaxes nos seus libros favoritos á vez que investigan cuestións relacionadas coa invidencia e deficiencia visual.

"Unha imaxe vale máis de mil palabras, pero e se non podes vela?" é a formulación co que naceu Tactile Picture Book (libro con imaxe tátil) que, cunha impresora 3D, permite complementar os libros en braille con imaxes en 3D para que os nenos invidentes poidan "ver" tamén os debuxos que adornan as páxinas das historias que len.

Trátase en concreto de tres títulos populares en Estados Unidos para os máis pequenos: Boas noites, Lúa; Harold e a pintura morada, e Oso polar, oso polar, que é ese ruído?

Tema: General
Fuente: NoticiasMVS
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal