
Un grupo de estudantes e profesores da Universidade de Colorado, en Estados Unidos, puxo en marcha un proxecto para que os nenos invidentes poidan gozar das imaxes nos seus libros favoritos á vez que investigan cuestións relacionadas coa invidencia e deficiencia visual.
"Unha imaxe vale máis de mil palabras, pero e se non podes vela?" é a formulación co que naceu Tactile Picture Book (libro con imaxe tátil) que, cunha impresora 3D, permite complementar os libros en braille con imaxes en 3D para que os nenos invidentes poidan "ver" tamén os debuxos que adornan as páxinas das historias que len.
Trátase en concreto de tres títulos populares en Estados Unidos para os máis pequenos: Boas noites, Lúa; Harold e a pintura morada, e Oso polar, oso polar, que é ese ruído?
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/tactilepb.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()