
Ourense vai ter esta tempada un relevante número de obradoiros TIC, co engadido de extra de poñer o foco na xente nova e fomentar novas vocacións e talentos. Alén do devandito, boa parte do programa terá vontade “interxeneracional”. O centro de operacións é novamente o centro municipal La Molinera, principal foco da actividade divulgadora local arredor da innovación. O Concello achega máis de 200 prazas de balde.
Para comezar, haberá actividades sobre impresión 3D, presentacións dixitais, robótica, tecidos electrónicos e programación para a rapazada. Segundo informou o concelleiro de Promoción Económica, trátase de formación para cativas e cativos, co fin de que estimulen as súas capacidades e as súas habilidades. Poderán participar nenos e nenas de até 16 anos. Tamén haberá obradoiros dirixidos a público de todas as idades sobre litofanía, cargador para móbil reciclado, fabricación de próteses e férulas ou veleiro radio control. Estes talleres abriron o prazo de inscrición o 22 de febreiro.
Ofértanse un total de 205 prazas: 130 para as propostas interxeneracionais e 75 para público infantil. As actividades infantís, englobadas co título Obradoiros STEAM makers, serán sempre en horario de tarde, de 18 a 19.30 horas:
Cada actividade ten 15 prazas. As inscricións poderanse realizar nas páxinas web de La Molinera e da Aula CeMIT; www.lamolinera.net [3] e cemit.xunta.gal/centro/55 [4]. Colaboran nestas actividades Abanca, a Fundación Aquae, Viaqua e a Fundación Telefónica.
Obradoiros para todas as idades
As actividades interxeneracionais agrupan 5 propostas para a co-creación en familia ou en grupos abertos a participantes de todas as idades, desde os 11 anos. Serán de 18 a 20h. Nestas actividades colaboran Abanca e maila axencia AMTEGA.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9797.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.lamolinera.net/
[4] https://cemit.xunta.gal/es/centro/55