O estudo publicado polo Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC) defende a potencialidade do mercado TIC accesible, coa finalidade de asesorar ás empresas que desexen investir na prestación de servizos e produtos TIC na procura do crecemento económico e dunha maior autonomía das persoas con discapacidade, das persoas maiores e dos seus familiares ou coidadores.
CENTAC informa que no conxunto do Estado existen aproximadamente 4 millóns de persoas con algún tipo de discapacidade. Actualmente, o 17,4% da poboación española é maior de 65 anos e estímase que no ano 2050 esta cifra acade o 35%. Por tramos de idade, a discapacidade media varía dende o 44% das persoas entre 65 e 74 anos ata o 70% das maiores de 80 anos.
As recomendacións achegadas neste estudo teñen como obxectivo facilitar o desenvolvemento de estratexias de negocio óptimas e de calidade que permitan incrementar o mercado TIC accesible e mellorar a calidade de vida das persoas.
Pode consultarse o estudo na seguinte ligazón:
http://www.centac.es/sites/default/files/col_cen_v3.pdf [3]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/Nova imaxe.PNG
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.centac.es/sites/default/files/col_cen_v3.pdf