
A Deputación da Coruña está a encher as redes de vídeos contra a discriminación e a violencia de xénero. Se os días pasados presentouse dende a entidade provincial o vídeo Son Muller [3], a través do que as rapazas integrantes do grupo MBCP (Máis Boas Cás Patacas) acadaron xa 30.000 visualizacións [4] no Facebook de seu, esta semana a entidade provincial (a través das áreas de Igualdade e Cultura) impulsa unha nova peza contra a violencia machista [5]. Trátase da curta O Túnel, elaborada polo IES Moncho Valcarce das Pontes e gañadora do Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero.
A Deputación salientou que tanto o videoclip de MBCP como a curtametraxe están feitos por mozas e mozos e diríxense, en especial, ao público da súa idade, “con linguaxe propia da súa xeración”. Amais de nas redes, a Deputación está a distribuír estas pezas por todos os centros de ensino co fin de contribuír á loita contra a discriminación e o maltrato, coincidindo estas campañas co Día Internacional contra a Violencia Machista, este 25 de novembro. A entidade provincial tamén informou de que tanto o videoclip como a curtametraxe poderán ser empregados como ferramentas educativas nos centros de ensino para concienciar ao alumnado na loita contra o machismo. Por certo que a curtametraxe O Túnel [6] pódese ver xa no YouTube, e o videoclip Son Muller [4] segue dispoñible no Facebook da banda e máis en Google Drive [7], dende o que se pode descargar.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7787.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://codigocero.com/A-cancion-Son-muller-revoluciona-as-redes-coa-sua-mensaxe-contra-a
[4] https://www.facebook.com/Quero-cantar-1021607797899868/
[5] https://www.dicoruna.es/novas?id_evento=2314
[6] https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=54Nto-Pcikc
[7] https://drive.google.com/file/d/10o0BIcHvrOro1YoTFplh9DwVnUrTlGXy/view?usp=sharing