
Entre os Concellos galegos que nesta tempada se están a mostrar máis activos en divulgación e formación TIC atópase o de Redondela. Se hai uns días falamos das propostas de achegamento ás tecnoloxías avanzadas [3] que propón o espazo Startupvila na Casa da Cultura local (con Daniel Cerqueiro achegando un obradoiro de mercadotecnia dixital, David Pombar expoñendo a súa experiencia en SetPay, e Paloma Barreiro fornecendo de recursos para coñecer ao cliente), un pouco máis tarde o Departamento de Novas Tecnoloxías que dirixe Julio Mougán presentou o programa de cursos de balde dirixidos a persoas maiores de 16 anos [4]. Desenvolverase entre o 11 de setembro e o 14 de decembro nas dúas aulas CeMIT coas que conta o Concello: en Redondela e en Chapela. Artellaranse en tres bloques [5], cada un deles acubillando cursos específicos.
A continuación damos conta das actividades, que xa teñen aberto o prazo de inscrición:
Primeiro bloque: Alfabetización informática e actividades dixitais básicas
Segundo bloque: Procura de emprego e TIC
Terceiro bloque: Formación dirixida sobre todo a entidades sen ánimo de lucro: asociacións, ONG...
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7404.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://codigocero.com/Daniel-Cerqueiro-introduce-a-vecinanza-de-Redondela-na-mercadotecnia-dixital
[4] http://www.redondela.es/web/jupgrade/index.php/en/novas/1693-aberto-o-prazo-de-solicitude-para-a-inscricion-nos-cursos-municipais-de-informatica-nas-aulas-cemit-de-redondela-e-chapela-para-o-ultimo-cuatrimestre-do-ano
[5] http://www.comarcasnarede.com/redondela/item/7911-redondela-oferta-cursos-gratuitos-de-informatica-para-maiores-de-16-anos