
A iniciativa Code.org aproveita en numerosas ocasións as franquías cinematográficas para facer máis atractivas as súas actividades aos nenos, a quen busca introducilos no mundo da programación informática mediante xogos nos que ter que solucionar quebracabezas mediante a colocación de pezas que realmente son elementos lóxicos que axudan a entender os rudimentos da programación dun xeito divertido, e así, ao igual que no seu día fixeron uso dos personaxes de Star Wars [3] para introducir á programación, agora fan o mesmo con Wonder Woman [4].
Este proxecto promovido por Google conseguiu chegar a un acordo coa Warner para poder coller a figura de Wonder Woman, que estes días está a estrear filme en pantalla grande (que xa pode verse en EE.UU., Reino Unido e Portugal), para protagonizar unha serie de retos de programación que premiarán cun anaco de vídeo da película cando se superan. A estrea cinematográfica de Wonder Woman está a considerarse como un caso de reivindicación da figura feminina dende moitos ángulos, pois estamos ante unha das poucas superheroínas que conseguiu chegar aos cines cunha produción de seu, presenta a unha muller como un personaxe forte que non ten que recorrer a unha figura masculina na busca de protección e incluso conseguiu superar a pasada fin de semana converténdose na estrea cinematográfica dirixida por unha muller coa maior recadación da historia. Todos estes elementos danlle un valor especial, e aí que este proxecto interactivo para a aprendizaxe de programación informática considere que o uso de Wonder Woman é ideal para atraer ás nenas a dar os seus primeiros pasos coa programación.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_7028.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://codigocero.com/Os-personaxes-de-Star-Wars-animan-a-introducirse-na-programacion-informatica
[4] https://blog.google/products/google-play/wonder-woman-partnership/