
O próximo 27 de abril de 2017 é o Día Internacional das rapazas nas TIC, e no CESGA celébrano por todo o alto.
Non sabedes o que é o día das Rapazas nas TIC? É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional [3].
O programa será moi completo. Pola mañá, ás 11:00 h. celebrarán un coloquio virtual dende os centros educativos por multiconferencia con 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria poderá coñecer o seu día a día, preguntar calquera dúbida sobre este eido profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido. A duración da actividade será de unha hora e media, ata ás 12:30.
Para participar no evento da mañá dende os centros educativos, hai que poñerse en contacto co CESGA neste formulario [5] para dar as instruccións para conectar con eles ese día.
Pola tarde (de 17:00 a 19:00 h.), celebrarán unha xornada de portas abertas con actividades para rapazas (e rapaces!) de entre 10 a 14 anos. Haberá obradoiros para experimentar un pouco sobre:
Non volo perdades! As prazas son limitadas. Para inscribirse hai que cubrir este formulario [5] para dar o nome e confirmar a praza antes do día 25 de abril.
Pódese seguir toda a información do evento e das actividades na web do CESGA [7] ou en:
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6838.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.itu.int/es/ITU-D/Digital-Inclusion/Women-and-Girls/Girls-in-ICT-Portal/Pages/Girls-in-ICT-Portal-Home.aspx
[4] http://realkiddys.com/
[5] https://e-learning.cesga.es/inscripcion_ict/inscription_2017.php
[6] http://proyectoscpiocruce.com/BT-2017/es/inicio/
[7] https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/gl/dia-de-las-chicas-en-las-tic/
[8] https://www.facebook.com/ICTGoGirls
[9] https://twitter.com/ICTGoGirls
[10] https://www.youtube.com/playlist?list=PLaYnwE2ZurwETyjAShB6_XNmWYnHQycAf