
O Centro Municipal de Coñecemento La Molinera [3] (aula CeMIT), emprazado en Ourense, vén de presentar o seu programa de actividades de divulgación TIC para o mes de abril [4], un programa interxeracional moi acaido para quen queira dar os seus primeiros pasos no ámbito tecnolóxico e, tamén, para quen xa conte con formación previa. Para os primeiros, o roteiro formativo de abril (unha proposta para todos os públicos) incluirá un obradoiro de iniciación á informática, que se desenvolverá de luns a venres, de 9.30 a 11,30 horas, desde o día 17 ata o 25. As persoas interesadas poderán inscribirse desde o día 10. Tamén este mes impártese obradoiro Compra de forma segura en Internet, os días 3, 4 e 6 de abril, de 9,30 a 11,30h.
O programa Xoves inspiradores incorpora como novidade un obradoiro de marca persoal, previsto para o día 27, de 18,20 a 20,30 horas, e impartido por Patricia Vázquez e Alba Moretón. Tamén ao abeiro deste programa, continuará o día 6 o Obradoiro de argumentación e debate que imparte Aida González, campioa do mundo de debate universitario en español 2016.
Outra das accións novas é o taller Re-creando: Novas tecnoloxías aplicadas á arte, os días 21 e 28 de abril pola tarde, para nenos e nenas de 10 a 16 anos. Por outra banda, está programada unha sesión de fotografía para emprendedores prevista para o día 28 de abril. As persoas interesadas poden inscribirse nas actividades páxina web www.lamolinera.net [5], ou solicitar máis información no centro municipal emprazado no número 1 da rúa Abrevadeiro, 1 (teléfono 988 374 523).
Por certo que este mes tamén proseguirán nas instalacións ourensás tres obradoiros de axuda aos nosos profesionais e desenvolvedores: un de introdución á tecnoloxía open source Arduino, outro de electrónica básica para robótica e outro de asesoramento de proxectos. Na vertente para crianzas proseguen Arquimakers-kids: crear para pensar e Team makers kids: robótica – apps.
O programa de abril complétase co obradoiro de educación emocional Akademia, para mozos de 16 a 22 anos, e o curso de fotografía do programa municipal Universidade Popular.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6835.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.lamolinera.net/
[4] http://www.21noticias.com/2017/04/la-molinera-programa-para-abril-novas-propostas-sobre-marca-persoal-fotografia-para-emprendedores-ou-compra-segura-en-internet/
[5] http://www.lamolinera.net/