
A Fundación Orange abriu a terceira edición da súa “Convocatoria de proxectos - Solucións dixitais para o autismo”. A convocatoria, destinada a entidades españolas e proxectos de carácter nacional, ten como finalidade o apoio a novas solucións tecnolóxicas, creativas e innovadoras, que ofrezan unha resposta pragmática ás necesidades das persoas con autismo e da súa contorna (familias, profesionais, etc.) mellorando a súa integración social e a súa calidade de vida.
Na recepción de propostas, a Fundación Orange estudará o apoio a propostas de proxectos tecnolóxicos para calquera sistema operativo e hardware existente, así como sitios web. Inclúense por exemplo, iniciativas cuxo resultado sexan: xogos, contos e lecer educativo; solucións para a aprendizaxe (educación, habilidades sociais, etc.); propostas para adultos e tránsito á vida adulta; programas para as familias (irmáns, pais, etc.); sensibilización sobre TEA; iniciativas para favorecer e preparar ao emprego; etc... En todos os casos, a solución resultante do proxecto debe ser de carácter gratuíto para o usuario final.
O prazo para presentar as propostas estará aberto ata o próximo 14 de maio e as iniciativas deben enviarse á Fundación Orange seguindo as bases publicadas no seu sitio Web de Fundación Orange [3].
Esta é a terceira convocatoria de solucións dixitais realizada pola Fundación Orange.
Máis información na Web Oficial de Fundación Orange [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_6757.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.fundacionorange.es/