
O vindeiro 26 de outubro celebrarase no Bergin After Work [3] ás 19:30 horas a cuarta edición de Coruña Bloggers [4], encontro dirixido a profesionais e afeccionados ao mundo dos blogs que queiran compartir coñecementos e experiencias, e que está artellado como un par de relatorios seguidos dunha sesión de networking.
Un dos detalles máis salientables desta serie de encontros é que é preciso inscribirse previamente por limitacións de aforo e, en vez de ter que aboar unha cantidade económica para poder acudir presencialmente os asistentes deberán acudir achegando como mínimo 1 quilo de alimentos non perecedoiros que se entregarán á Cociña Económica [5].
Os relatores desta nova edición do evento solidario coruñés serán a xornalista Sonia Hermida [6], autora do blog O Mundo ao revés [7], e Marcus Fernández [8], webmaster de Código Cero [9]. Baixo o título de Desmontando mitos sobre os blogs infantís Hermida procurará desbotar a idea de que os blogs sobre infancia e maternidade son de segunda categoría, para o que explicará a súa experiencia e achegará algunhas ferramentas e trucos que lle funcionaron; mentres que Marcus Fernández, abordará temas relacionados cos blogs como os comentarios, a relacións coas redes sociais ou as novas plataformas de aceleración móbil.
Esta mañá abriuse a solicitude de invitacións para poder acudir a esta nova edición de Coruña Bloggers [10], que previsiblemente esgotaranse en poucas horas, ante a consolidación desta serie de encontros que teñen lugar os últimos mércores de cada mes, e nos que non faltan sorteos (de produtos de O Pirata [11] e Love it Sara [12]) e degustación de galletas (elaboradas por Sonia de La dulce comarca [13]).
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161018_coruna_bloggers_anuncio.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.facebook.com/berginafterworkbar/
[4] http://corunabloggers.com/2016/10/16/ya-estan-las-invitaciones-para-el-4o-corunabloggers-del-26-de-octubre/
[5] http://www.cocinaeconomica.org/
[6] https://twitter.com/omundoaoreves
[7] http://www.omundoaoreves.com/
[8] https://twitter.com/marcusfernandez
[9] http://codigocero.com/
[10] https://www.eventbrite.es/e/entradas-coruna-bloggers-4a-edicion-28642159470
[11] http://www.opirata.com/
[12] http://www.loveitsara.com/
[13] http://www.ladulcecomarca.com/