
O Campus de Pontevedra presentou este xoves o seu programa aberto de actividades para a cidadanía. [3] Trátase de sete obradoiros de extensión cultural que a Vicerreitoría do Campus pon en marcha para este primeiro cuadrimestre e que manteñen aberto o seu período de inscrición. Haberá, entre outras cousas, actividades formativas para iniciarnos na creación de videoxogos indies e na realización de programas de radio e podcast. Para participar nestas xeiras de aprendizaxe, sinalou a Vicerreitoría, non precisaremos preparación previa sobre a materia da que traten.
Os sete obradoiros de 30 horas desenvolveranse dende este mes de setembro cun prezo de matrícula de 26 euros para os integrantes da comunidade universitaria e de 40 para a cidadanía en xeral. O programa botará a andar o 14 de setembro cunha nova edición do curso Locución audiovisual [4], que imparte a actriz, xornalista e actriz de dobraxe Maika Aguado. Tamén en setembro, este centro acollerá o obradoiro Radio e podcast [5], que impartirá o locutor José María Bará. Segundo explicou a súa directora, a profesora Aurora García, este novo taller dá continuidade a anteriores obradoiros sobre radio “poñendo o acento na locución e na capacitación do alumnado para habilitar a súa propia emisora de radio, aproveitando as posibilidades que lles brinda internet e os novos medios”. CCSS e da Comunicación será ademais este mes o escenario dunha nova edición de Fala, oratoria e comunicación. Técnicas para falar en público [6], impartido polo clown Al Rossel.
Tamén en setembro dará comezo na Casa das Campás o curso Comisariado e estratexias para artistas [7], que imparte Francisco Porto, do colectivo Latamuda. Xa en outubro, a EE Forestal acollerá o inicio dunha nova edición do taller Interpretación de instrumentos populares galegos [8], dirixido polo PAS Luís Torres e impartido polo músico Suso Vaamonde. Ademais, a partires do 13 de outubro CCSS e da Comunicación acollerá o obradoiro de iniciación ao teatro [9], impartido polo actor Salvador del Río, responsábel de Ningures Producións e director das primeiras edicións da Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU).
Por último, este programa completarase en novembro na Casa das Campás con Desenvolvemento de xogos indies [10], unha actividade dirixida pola profesora Beatriz Legerén e impartida polos egresados Adrián Santasmarinas e Iria Carballo que busca achegar ao alumnado aos conceptos básicos de deseño de videoxogos, creación de personaxes e contornas e programación e na que os participantes traballarán na creación do seu propio videoxogo independente e innovador.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/160908_campus_pontebf14.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=11713&Itemid=11
[4] https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=841
[5] https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=846
[6] https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=843
[7] https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=842
[8] https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=844
[9] https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=845
[10] https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=840