
A Comisión Europea puxo en marcha a 'VI edición do Concurso Europeo de Innovación Social', co que busca proxectos innovadores en produtos, tecnoloxías, servizos e modelos que poidan contribuír á acollida e integración dos refuxiados e os inmigrantes en Europa.
Baixo a lema 'Futuros integrados', o concurso pretende apoiarse na innovación para axudar a mellorar a educación, o emprego, o acceso á vivenda, os dereitos humanos e a cohesión comunitaria.
Segundo informa a Comisión Europea na súa páxina web, o concurso vai dirixido a todas aquelas persoas, grupos e organizacións da Unión Europea e dos países adheridos ao programa de financiamento europeo Horizonte 2020.
Prazos
O prazo de presentación de candidaturas está aberto até o próximo 8 de abril e aquelas que logren superar a primeira fase participarán nunha Academia de Innovación Social en Berlín, cuxo obxectivo é axudar a converter as ideas máis innovadoras en proxectos reais e que teñan un impacto sustentable.
Desta selección sairán elixidos os 3 finalistas que recibirán un premio de 50.000 euros, cada un, para apoiar o seu proxecto.
O concurso, que arrincou o pasado 25 de febreiro, pecharase o 27 de outubro, coa cerimonia de entrega de premios que se realizará en Bruxelas.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/refugiados.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()