
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inaugurará o vindeiro martes 15 en Santiago o XV Encontro Nacional de Telecentros, que se celebra baixo o lema “Impulsando a túa capacitación dixital”.
A iniciativa, organizada pola Asociación Nacional de Redes de Telecentros en colaboración coa Amtega, ten como obxectivo coñecer as principais accións estratéxicas das Redes de aulas para a formación dixital e potenciar a súa posición como recurso clave mellorar as competencias dixitais para a empregabilidade e impulsar a innovación social dixital.
No encontro participan máis de 100 profesionais relacionados co desenvolvemento da Tecnoloxía da información, industrias do sector, organismos públicos e privados de Galicia, España e Europa e innovadores, usuarios e comunidades locais do ámbito local das aulas CeMIT galegas. A inscrición é de balde e poderá efectuarse a través do seguinte enlace da web da Rede CeMIT inscrición ao evento [3].
O evento retransmitirase por streaming en http://comunidaddetelecentros.net/directo/ [4] e poderá seguirse en twitter co hashtag #15encuentro [5] e #telecentros [6].
Programa
Durante a xornada, Ver programa [7] e Ver díptico programa [8], celebraranse catro mesas de debate. Na primeira abordarase a acreditación de competencias dixitais, expoñendo a experiencia galega do CODIX (Certificación de Competencias Dixitais en Ofimática), xunto co modelo andaluz de formación en competencias dixitais, Guadalinfo. Esta mesa pecharase coñecendo o papel e as iniciativas de Telecentre Europe sobre este tema e o seu posicionamento con respecto ao informe europeo DIGCOMP, o marco común para o desenvolvemento de competencias dixitais en Europa.
Na segunda das mesas analizarase o programa europeo de fomento da empregabilidade, FIT4jobs, que quere reorientar a traxectoria formativa dos e das mozas cara ao ámbito TIC para dar resposta á demanda actual e futura e mellorar as súas oportunidades laborais. Nesta segunda mesa, a directora de Formación de Fundación de Tecnoloxías da Información de AMETIC falará tamén sobre os “Os perfís profesionais da transformación dixital.”
A terceira das mesas debate abordará proxectos de innovación social dixital como CeMIT-innova, impulsada pola Amtega no 2015 e que conseguiu desenvolver 9 iniciativas de innovación social dixital en 9 aulas da Rede CeMIT; O proxecto "O cable amarelo" para a construción dun ecosistema innovador da rede de aulas da rexión de Murcia e a experiencia de deseño e implantación de living labs, promovida pola Rede de Espazos CyLDIGITAL de Castela e León.
O programa do encontro complétase co obradoiro práctico: “Transformando Ideas… para mellorar a nosa contorna local. DesignThinking para a Innovación social dixital nas redes de telecentros”, onde se verán os resultados dos pilotos que xa se executaron na I Edición de CeMIT-Innova 2015 [9].
Unha vez máis o encontro das redes de telecentros terá un formato de workshop aberto, participativo e que poderá seguirse en twitter cos hashtag #15Encuentro [5] e #Telecentros [6], vía streaming e que recollerá todas as achegas no storify da comunidade de telecentros https://storify.com/comunidadtc [10] na web da get online week [11].
Organizadores
Os impulsores deste XV Encontro no que colabora a Amtega son a Asociación Comunidad de Redes de Telecentros e Telecentre Europe. A Asociación, constituída no ano 2008, é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa a 12 institucións publicas de 10 Comunidades Autonómicas que traballan na creación, dinamización e mantemento de espazos públicos destinados ao fomento da Sociedade da Información en España, mediante a promoción do acceso da cidadanía ás tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).
Telecentre Europe é unha organización sen ánimo de lucro con sede en Bruxelas. Actualmente os membros da rede representan a máis de 50 organizacións membros en 32 países. Os membros e socios da rede teñen como obxectivo, mellorar a inclusión dixital europea e o sector da cultura dixital, integrando a todas as asociacións e redes non gobernamentais que traballan pola inclusión dixital na UE.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/15telecentros.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://cemit.xunta.gal/gl/gl-inscripcion-cemit-innova
[4] http://comunidaddetelecentros.net/directo/
[5] https://mobile.twitter.com/hashtag/15Encuentro?src=hash
[6] https://mobile.twitter.com/hashtag/Telecentros?src=hash
[7] https://cemit.xunta.gal/sites/default/files/20160307_programa_Encuentro_Galicia-V10-gal.pdf
[8] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/diptico-15Encuentro_light.pdf
[9] https://cemit.xunta.gal/gl/cemit-innova
[10] https://storify.com/comunidadtc
[11] http://getonlineweek.eu/