
Cruz Vermella Española organiza o XI Seminario de Boas Prácticas de Inclusión Social [3]: Adaptación ao cambio e Innovación Social, que terá lugar en Madrid os días 27 e 28 de novembro.
A actual crise económica está a motivar nas entidades do Terceiro Sector dinámicas de cambio moi rápidas ao tempo que dificultades para a sostibilidade dos seus programas e intervencións. Este contexto é tamén xerador de estratexias de reorganización e reorientación nas súas áreas de intervención, metodoloxías ou financiamento, dirixidas a ofrecer respostas a demandas sociais emerxentes.
O seminario pretende ser un espazo de reflexión onde se consideren as dificultades que leva consigo a idea mesma de "cambio", tratada de forma aberta, e dende distintas perspectivas para formular o valor estratéxico da innovación e o emprendimiento social. Falarase do valor da innovación orientada a atender perfís diferenciados de persoas en risco de pobreza e exclusion; tamén a intervir dende a proximidade, a buscar sinerxías con outros axentes sociais, a fomentar a implicación da cidadanía e o voluntariado; a diversificar fontes de financiamento...
No Seminario farase difusión dunha selección de prácticas innovadoras nalgunhas das áreas propias da inclusión social.
Está dirixido a ONG, entidades sen fins de lucro, técnicos/ás de Servizos Sociais, emprendedores sociais e a rede de oficinas territoriais e central de Cruz Vermella Española.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_131023_XIBuenasPracticas.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.practicasinclusion.org/index.php/noticias-a-eventos/213-xi-seminario-de-buenas-practicas-en-inclusion-social