
A Confederación Autismo España organiza a xornada "Dereitos e Novas Tecnoloxías [3]" na sede da Fundación ONCE co obxectivo de promover diferentes mecanismos de mellora da calidade de vida das persoas con TEA.
Por unha banda, presentarase a "Rede para a Calidade de Vida" desenvolvida pola Confederación e estudaranse as opcións que ofrecen a este colectivo as tecnoloxías da información e a comunicación. Debateranse tamén as aplicacións prácticas dos mecanismos de protección xurídica aplicables ás persoas con trastorno do espectro do autismo.
Aproveitando este encontro, que se celebrará o 19 de outubro co apoio de Fundación Orange e Fundación ONCE, farase entrega dos premios aos gañadores do concurso ART-TEA 2013 [4].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130729_jornada autismo.gif
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://rednodos.webnode.es/autismo-espa%C3%B1a-derechos-y-nuevas-tecnologias-programa/
[4] http://www.autismogalicia.org/index.php?option=com_content&view=article&id=223:art-tea-2013-o-certame-artistico-de-autismo-espana&catid=52:catnovas&Itemid=74&lang=es