
Telefónica vai organizar na Cidade da Cultura un obradoiro sobre ciberseguridade dirixido ao colectivo das persoas maiores, co obxectivo de garantirlles navegacións seguras e un uso seguro das novas ferramentas para comunicárense, informarse e facer trámites bancarios ou coas administracións. Este é o obxectivo do taller #ConectaSenior, que Telefónica desenvolve este xoves 10 de novembro dentro do II Encontro CIBER.gal [3].
O obradoiro celebrarase entre as 11.15 h. e as 12.30 h na Sala 10 do edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago, e trátase dunha charla didáctica e interactiva onde os maiores poderán coñecer en primeira persoa exemplos de casos reais de estafas e calotes, e como aprender a detectalos para poder tamén evitalos. A entrada é gratuíta e a capacidade é limitada, polo que se recomenda chegar polo menos con 15 minutos de antelación. Ao terminar o taller sortearanse catro tabletas entre os asistentes.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11684.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://atlanticacomunicacion.com/telefonica-organiza-un-taller-sobre-ciberseguridad-dirigido-a-personas-mayores/