
O Concello de Rianxo vai organizar este mes de xuño unha actividade formativa que pon o foco nas mulleres e que asume o desafío de derrubar os muros de inclusión dixital que separan a algúns sectores da poboación feminina das vantaxes e posibilidades (persoais, profesionais, empresariais, de autonomía e de apoderamento) das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, as TIC. O obradoiro formativo Cara a independencia dixital [3] celebrase do 13 ao 22 de xuño no Auditorio Municipal en horario de 10:00 a 12:30h.
O Concello explicou que as prazas (limitadas) asignaranse por orde de inscrición (a través dos teléfonos 981 972 731 604 024 012 e do correo igualdade@concelloderianxo.gal [4]) e que é preciso dispoñer de conta de correo electrónico e teléfono intelixente. O curso vén da man da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade de Rianxo.
Os contidos que se desenvolverán son os seguintes:
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11598.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.facebook.com/photo/?fbid=382888180543574&set=a.291453166353743
[4] mailto:igualdade@concelloderianxo.gal