A Mobile Week Ourense 2021 [3], que se celebra cun chamamento específico a reflexionar no impacto da transformación dixital na cidadanía, acolle este sábado 20 unha mesa de debate sobre Mulleres emprendedoras nas TIC, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole [4]), que quixo participar neste encontro levando ao mesmo o espírito das mulleres empresarias.
Esta mesa debate desenvolverase entre as 17:30 e as 18:30 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel. No seu transcurso abordarase as dificultades coas que se atopan as emprendedoras para materializar aos seus proxectos, máis aínda no ámbito do emprendemento científico e tecnolóxico e ligado á transformación dixital. A mesa estará moderada por Bárbara Canedo, técnica da Confederación de Empresarios de Ourense. Contarase coa participación de catro mulleres: Nuria Iglesias, presidenta da Asociación de Novos Empresarios de Ourense; Marta Novoa, tenente alcalde do concello de San Cibrao das Viñas; Lena Repetskaya, fotógrafa con estudo no Parque Tecnolóxico de Galicia; e Dora Casal, directora executiva da firma Roberto Verino, que tamén exerce o seu labor en Tecnópole.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11446.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://mweek.com/ourense/
[4] https://www.tecnopole.es/