
A Fundación Vodafone España convoca a 'XII Edición dos seus Premios Vodafone á Innovación' co obxectivo de promover e desenvolver proxectos de innovación en TIC accesibles para mellorar a calidade de vida de grupos vulnerables.
A finalidade desta convocatoria é apoiar a aparición de servizos innovadores, especialmente dirixidos ao beneficio dos devanditos grupos, que poidan ter unha ampla repercusión polo seu interese, novidade e potencialidade na promoción da transformación dixital.
Os premios están dotados con 15.000€ cada un e unha escultura conmemorativa; e as dúas primeiras categorías, ademais, con presenza no Mobile Wold Congress 2019 e participación nos obradoiros de formación do CDTI.
A estes premios poden presentarse proxectos desenvolvidos en España durante 2017 e ata a data da convocatoria. O prazo para a presentación de proxectos estará aberto ata o 13 de maio de 2018.
As Bases desta edición, o formulario para presentar candidaturas e as instrucións para facelo están dispoñibles en www.fundacionvodafone.es/premios/premios-innovacion [3] .
Un xurado formado por personalidades da Administración, a investigación e a empresa valorará o carácter innovador da solución, o público obxectivo que se podería ver beneficiado pola solución, a súa viabilidade e a súa accesibilidade. O fallo do xurado notificarase antes do 30 de xuño de 2018.
Enlaces:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8420.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/es/javascript:history.back()
[3] http://www.fundacionvodafone.es/premios/premios-innovacion