Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Unha persoa utiliza un móbil do que saen iconas e a palabra ' Apps'.

A Fundación Orange ofrece a biblioteca de Soyvisual para o desenvolvemento de apps

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 12/02/18 (09:29)

A Fundación Orange decidiu poñer a biblioteca de recursos da súa aplicación Soyvisual a disposición de calquera desenvolvedor de aplicacións que queira facer uso do catálogo de láminas e imaxes especialmente deseñadas para estimular o desenvolvemento da linguaxe e axudar a persoas con necesidades a comprender o mundo e comunicarse.

A fundación pon estes recursos a disposición dos desenvolvedores a través de interface de programación (API) que permite que outras aplicacións poidan consultar automaticamente este catálogo e utilizar ditas imaxes “ao voo”.

Para poder acceder a esta biblioteca de recursos, os desenvolvedores deberán presentar unha solicitude e cumprir coas condicións de uso.

A única restrición ao uso destas imaxes é que a aplicación que as utilice non pode ter un fin comercial, e que se debe de respectar a licenza Creative Commons, que implica que se debe citar a fonte.

Tema: General
Fuente: Revista Tierra y Tecnología
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal