Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Logo App Pormi

‘Pormi', unha aplicación contra a violencia de xénero dirixida a mulleres con discapacidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 13/02/17 (10:13)
  • A aplicación foi impulsada pola Fundación CERMI Mulleres e a Fundación Vodafone España.

O secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Mario Garcés; a vicepresidenta executiva da Fundación CERMI Mulleres (FCM), Ana Peláez, e o director xeral da Fundación Vodafone España, Santiago Moreno presentarán hoxe luns, 13 de febreiro, ás 10.30 horas, ‘Pormi', unha aplicación móbil contra a violencia de xénero accesible que conta con información en lectura fácil e lingua de signos.

Esta ferramenta dixital foi impulsada pola FCM e a Fundación Vodafone España. Ambas as entidades contaron coa colaboración da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o Corpo Nacional de Policía, Cruz Vermella e diferentes entidades membros do Cermi. Ademais, a aplicación foi desenvolvida por ILUNION Tecnoloxía.

Tema: General
Fuente: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal