O vindeiro 16 de maio celébrase en Madrid a xornada #SocialTIC, un punto de encontro para a participación de persoas, entidades sociais e empresas nas que compartir e analizar a forma en que as novas tecnoloxías da información e a comunicación poden contribuír ao cambio e a mobilización social, cunha filosofía colaboradora e de traballo en rede.
#SocialTIC combinará teoría e práctica en diferentes espazos dedicados á presentación de ideas e proxectos que terán un denominador común: o uso das TIC para a transformación social e a promoción do voluntariado.
O evento vai dirixido a profesionais e responsables de ONG, voluntari@s e responsables de voluntariado de ONG involucrados na promoción e participación do voluntariado, así como a técnicos dedicados ao desenvolvemento de software que estean interesados en coñecer as características do Terceiro Sector.
Regístrate como: