Segundo publican dende o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIUS) vén de entrar en fase de validación (o último paso antes da súa incorporación á industria) a súa plataforma Servando, un sistema de monitorización domiciliaria de pacientes con enfermidades cardiopulmonares desenvolvido por investigadores do CiTIUS,
O estudo centrarase en persoas con insuficiencia cardíaca, e conta co apoio de R, o operador de comunicacións por fibra óptica. A compañía galega cedeu os terminais habilitados coa tecnoloxía sen fíos que se usará nas probas (wi-fi ou datos móbiles), e xa estuda a incorporación desta nova plataforma á súa estratexia de «fogar dixital».
Servando persegue mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por trastornos de orixe cardiopulmonar, co obxectivo de reducir o número de hospitalizacións. A incidencia social deste tipo de patoloxías require dos sistemas nacionais de saúde unha elevada asignación de recursos, polo que se estima que o uso das novas tecnoloxías será clave á hora de garantir a calidade asistencial dos doentes.
Regístrate como: