Padrón,
09/11/18 (11:03)
O presidente das Aulas Senior de Galicia (Ategal), Ángel Fagilde, e a directora de Caixabank en Padrón, María Iglesias, asinaron a renovación, por terceiro ano consecutivo, da subvención para que o alumnado de Ategal participe de novo no proxecto NeuronUp da Obra Social La Caixa.
A achega da fundación bancaria servirá para que o alumnado de Ategal poida matricularse, gratuitamente, no curso de adestramento cognitivo, NeuronUP. Tamén para sufragar material, docentes e profesionais de psicoloxía necesarios para este proxecto. Un programa cuxa terceira edición comezou hai uns días en Santiago de Compostela, Padrón, Vigo e como novidade neste ano, tamén en Ourense, segundo explica a vicepresidenta de Ategal e directora da sede de Santiago, Paula Sande, que matiza que,
NeuronUP ten unha duración de oito meses que coinciden co novo curso das aulas.
Trátase "dunha ferramenta de aprendizaxe desde o punto de vista da prevención. Ategal é absolutamente pioneira no seu uso, pois, aínda que este sistema se vén utilizado desde hai algúns anos en gabinetes técnicos, psicolóxicos e sanitarios como neurorehabilitación "cando o proceso de deterioración cognitiva ou demencia xa está diagnosticado, no noso caso destínase ao alumnado, persoas maiores que non teñen deterioración, é dicir, de forma preventiva", destaca Sande.
En concreto, consiste nun adestramento cerebral a través dunha sinxela aplicación informática aplicada de forma intensiva e personalizada, dependendo da actividade e gustos da persoa. É totalmente individualizada e adaptada ás necesidades e características da persoa usuaria, para que lle resulte atractivo e cómodo, cunha serie de exercicios e preguntas relacionadas coa súa actividade profesional e persoal. Por exemplo, engade, "se a persoa vivía no rural, adaptaránselle preguntas relacionadas co devandito ámbito; se se trata dun ex-pescador, cuestións sobre o mar; a unha ex-enfermeira, sobre temas sociosanitarios. Así resútalles máis cómodo, práctico e motivador", asegura a vicepresidenta de Ategal.
Nese sentido, todo o material de memoria está dispoñible en formato dixital, tanto en computador de mesa, como portátil, tableta e pantalla táctil, o que resulta de gran valor para intervir, de forma profesional, en procesos de neurorehabilitación e en casos de deterioración cognitiva leve ou funcional. Non en balde, NeuronUP combina o formato presencial para realizar a avaliación inicial, adestramento e seguimento e formato a distancia para as sesións individualizadas. As sesións personalizadas realízanse no domicilio ou nas sedes de Ategal, así cada persoa usuaria é a que elixe o momento idóneo e máis cómodo para iso, reforzado polo feito de que se pode utilizar en galego, castelán ou, como novidade este ano, en portugués.
Ademais, a asistencia técnica encárgase de gardar e monitorar os resultados obtidos nos exercicios para a súa avaliación posterior por parte de persoal de psicoloxía. A nivel técnico e profesional, NeuronUP baséase na neuroplasticidade, ou potencial que ten o cerebro de modificarse e adaptarse. E aínda que estes sistemas como NeuronUP teñen, loxicamente, unha capacidade limitada para unha recuperación total, si resultan moi válidos e eficaces para retardar a deterioración cognitiva e o mantemento das capacidades persoais, xa sexa en enfermidade neurodexenerativa ou en canto a un envellecemento normal.
O proceso completo de validación e investigación de NeuronUP consta dunha avaliación cognitiva e unha entrevista inicial, polo que se realiza prevención e detección precoz de posibles trastornos neurodexenerativos. A continuación, a cada persoa usuaria ensínaselle a utilizar o computador, tableta e pantalla táctil, é dicir, realízase unha alfabetización dixital e ao final fáiselle entrega dun informe final para comentarlle a súa evolución.
Os alumnos de Ategal interesados en realizar adestramento cognitivo con NeuronUP matricúlanse nesta materia, se así o desexan, como unha máis das que ofrece Ategal durante o curso, aínda que, de forma gratuíta.
Este é o caso, por exemplo, de 20 maiores da sede de Ategal Padrón que, como explica a directora desta sede, María Cruz Taboada, "comezaron a pasada semana nas aulas do municipio, de luns a venres na aula de informática, supervisados pola técnica de informática do Concello", Institución coa que a entidade ten subscrito un convenio, desde hai case 25 anos para dispoñer de espazos, ferramentas e persoal docente.
Tema: General
Fuente:
entremayores