Estes premios recoñecen ás persoas e empresas que destacaron no seu ámbito profesional pola súa excelencia, achegando valores inherentes ao emprendedor como o traballo, a constancia, o esforzo, a dedicación, a visión de futuro ou o éxito.
As cinco categorías ás que optaron decenas de empresas coas súas aplicacións e produtos foron Latinoamérica, Internacionalización, Comunicación e Redes sociais, Empresa emerxente e Discapacidade.
Nesta última categoria o xurado elixiu á empresa Familiados como finalista. Familiados é unha plataforma de coidados profesionais, onde as familias con dependentes ao seu cargo poden atopar axuda para coidalos en menos dunha hora e desde o móbil.
O proxecto gañador foi 'Mouse4All', un produto de apoio que permite utilizar unha tableta ou teléfono Android sen tocar a pantalla, especialmente indicado para persoas con discapacidade física.
Teresa Rodríguez, directora de Programas Informativos non diarios de TVE entregou o premio a José Ángel Jímenez Vadillo, cofundador do proxecto.
Por outra banda, na categoría de Lationamerica os gañadores foron Helpers Montevideo, unha ONG sen fins de lucro que busca crear unha rede social de voluntarios capacitados para salvar vidas en caso de emerxencia.
María Escario, directora de Comunicación de RTVE entregou o premio a Keren Cohen Maman, directora de Relacións Institucionais de Helpers.
No apartado de Internacionalización, a idea gañadora foi 'MusicList', o maior agregador musical en español, que permite escoitar neste momento máis de 600.000 cancións de forma legal, gratuíta e sen interrupcións publicitarias.
Cristina Ónega, directora da canle 24 Horas entregou o premio a Jordi Pallarés, Fundador de 'MusicList'.
Pola súa banda, na categoría de Comunicación e redes sociais o gañador foi IPAK, unha empresa que se dedica ao desenvolvemento de apps coas ferramentas de desenvolvemento das plataformas máis importantes, iPhone e Android.
Lola Baños, directora de comunicación de Facebook, fixo entrega do premio a Alberto Manuel López Martínez, CEO de IPAK Software. Por último, Zeleros obtivo o galardón na categoría Empresa Emerxente, cun sistema de transporte hyperloop escalable que permite conectar cidades a 1.000 km/h con reducidos custos de infraestrutura e de forma sustentable.
O director de EFE Dixital, Andrés Dulando, foi o encargado de entregar o premio a Juan Vicén Balaguer, cofundador e director de Comunicación de Zeleros.
Regístrate como: