Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Cartel da iniciativa.

Culleredo acolle en setembro un obradoiro sobre mulleres, emprendemento e TIC

Versión para impresiónSend by email
Culleredo, 30/08/18 (10:59)

Seguimos a dar conta de actividades tecnolóxicas para mulleres e dende as mulleres. Se os días pasados falamos da vertente feminina da acción divulgativa do Concello de Fene e máis da feira Pont-Up Store de Pontevedra, hoxe lembramos que a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo vai organizar este mes de setembro, en colaboración co Concello de Culleredo, un obradoiro para potenciar “o emprego e as competencias das mulleres no mundo das ferramentas dixitais”. 

A actividade, que se acompaña do epígrafe Mulleres, Emprendemento e Novas Tecnoloxías da Información, impartirase a partir do día 3 do vindeiro mes no centro Amparo Prego Rubial (antiga escola unitaria) de Celas, en Culleredo.

O obxectivo da actividade é tirar abaixo muros e atrancos de empregabilidade entre as mulleres e o mercado laboral, e todo baixo a fórmula da formación en smartphones, tabletas e computadoras. 

O obradoiro artellarase en tres grupos. Ao remataren a actividade, as participantes recibirán un diploma acreditativo. As interesadas poden chamar, para formalizar a inscrición ou solicitar datos a maiores, ao 981.669.541. Asemade, tamén poden facelo enviando un correo ao seguinte enderezo: info@marinasbetanzos.gal.

Tema: General
Fuente: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal