Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Participantes no programa.

COGAMI adestrou en portais de emprego a case medio centenar de persoas

Versión para impresiónSend by email
Ferrol, 02/07/18 (10:23)

COGAMI, a confederación galega de persoas con diversidades funcionais e cognitivas, vén de concluír as actividades dun programa formativo innovador na forma e máis no contido: achegouse un novo tipo de adestramento colaborativo (a xeito dunha comunidade dixital aberta) e púxose o foco na importancia das novas tecnoloxías para mellorar o currículo e conseguir emprego. Trátase do programa POISES, no que participaron 46 persoas das contornas de Ferrol e Ourense e que conseguiu, polo de agora, que máis de dúas ducias dos participantes estean xa a traballar.

Segundo explica COGAMI o programa durou medio ano: seis meses de preparación, de formación, de intercambio de opinións, de compartir con compañeiras e compañeiros experiencias e, sobre todo, de asimilación de contidos e de ferramentas para poder lograr unha meta: o mundo laboral. O programa, financiado pola Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo, estívose impartindo en Ferrol e Ourense, onde concorreron 46 persoas usuarias de COGAMI, a maioría delas mulleres con capacidades diversas, mulleres vítimas de violencia de xénero e persoas que viven en zonas rurais. A iniciativa contou co apoio de dúas orientadoras laborais, Goretti Rodríguez (Ourense) e Yolanda Grandal (Ferrol), que ofreceron sesións de orientación laboral, aprendendo a identificar as capacidades propias de cada persoa, ensinando a marcar unhas metas laborais e a preparar o seu currículo para mellorar a empregabilidade.

Como dixemos, boa parte desatas actividades xiraron arredor das novas tecnoloxías, centrándose sobre todo no adestramento en emprego de páxinas web e nos principais portais de emprego. Todas estas accións desembocaron na contratación de 26 persoas, algo máis do 50% de participantes.

Tema: General
Fuente: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal