Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Unha persoa andando e outra en cadeira de rodas danse a man.

Un encontro para conectar persoas pola accesibilidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 04/06/18 (14:21)
  • As distintas organizacións que conforman a comunidade "Conectados pola accesibilidade" celebrarán a semana que vén o seu terceiro encontro no que debaterán sobre o reto de lograr un transformación dixital accesible para todas as persoas.

Durante o pasado ano, no marco desta comunidade, desenvolvéronse 22 proxectos de transformación dixital nos que a tecnoloxía se pon ao servizo das persoas con discapacidade e persoas maiores para facilitar a accesibilidade de distintos servizos ou aspectos sociais.

No encontro presentaranse os oito proxectos finalistas e un xurado, do que forma parte Tecnobility, elixirá o gañador desta edición.

Entre os proxectos finalistas hai algúns dedicados a facilitar a accesibilidade dos servizos sociais, outros para fomentar o exercicio físico ou, mesmo, para axudar a vestirse a persoas con parálise cerebral.

Tamén hai proxectos centrados no turismo accesible, na procura de emprego, na rehabilitación e na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade.

A comunidade "Conectados pola accesibilidade" confórmana Plena Inclusión, Down España, a Orde Hospitalaria de San Juan de Deus, Fedace, Confederación Aspace, Hospital Vall D'Hebron e a Fundación Vodafone España.

Tema: General
Fuente: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal