Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Logo Fundación ONCE.

Aberta a convocatoria de axudas da Fundación ONCE para proxectos dirixidos a persoas con discapacidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 23/01/18 (13:15)
A Fundación ONCE abriu a convocatoria para a solicitude de axudas a proxectos dirixidos a persoas con discapacidade para o exercicio 2018, á que os interesados poderán optar ata o 29 de xuño.
 
Segundo o publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE), o prazo para a presentación das solicitudes de axudas económicas a proxectos dirixidos a persoas con discapacidade para o presente exercicio finaliza o 29 de xuño deste ano.
 
Os requisitos de tramitación das axudas xerais poderán consultarse na dirección da internet 'http://www.fundaciononce.es/pagina/proyectos-e-solicitudes'. Quen queira optar a estas axudas poderán presentar as súas solicitudes a través do correo electrónico, na dirección 'convocatoriaproyectos2018@fundaciononce.es', ou ben directamente ou por correo postal na sede da Fundación ONCE, en Madrid.
Tema: General
Fuente: Fundación ONCE
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal