Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

"Conectados pola Accesibilidade”.

A comunidade Conectados pola Accesibilidade pon en marcha unha nova web

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 19/12/17 (09:14)

"Conectados pola Accesibilidade” é unha comunidade de persoas, entidades e organizacións que serve de punto de encontro para conseguir, a través do uso de solucións e ferramentas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), ser un referente para os procesos de Transformación Dixital nas contornas de vida das persoas con discapacidade que favorezan a súa plena inclusión e participación na nosa Sociedade.

Esta comunidade xorde co obxectivo de crear un espazo que sirva de punto de encontro para:

  • Conectar e compartir retos para contribuír coa tecnoloxía á mellora da vida das persoas con discapacidade e aumentar as súas posibilidades de inclusión e de autonomía persoal.
  • Co-crear solucións para todos á medida das necesidades de cada un.
  • Co-validar resultados útiles para toda a comunidade.

A Comunidade conta co apoio e impulso de Plena inclusión, Down España, FEDACE, Confederación ASPACE, Orde Hospitalaria San Juan de Dios, o Hospital Vall d'Hebrón e a Fundación Vodafone España.
Xa son máis de 120 entidades a nivel nacional e europeo.

A nova web conta coa seguinte estrutura:

  • Un blogue onde hai testemuños, casos de éxito, entrevistas, eventos, novidades, etc.
  • Un apartado de experiencias onde os membros da comunidade Conectados pola Accesibilidade contan os seus proxectos, actividades e experiencias no uso da tecnoloxía.
  • Tamén conta cunha descrición de cada un das solucións tecnolóxicas que neste momento está a desenvolver a comunidade ademais dun espazo interno de traballo para as entidades membros da mesma.
  • Ligazóns ás publicacións en Redes Sociais das noticias referentes á Comunidade

Pódense descubrir estas iniciativas desenvolvidas e seguir a actualidade dos proxectos en http://conectadosporlaaccesibilidad.com e con #conecta2Xaccesibilidad nas redes sociais.

Máis información en:

Tema: General
Fuente: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal