Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Convenio Cruz Roja Española e Fundación Vodafone España.

A Cruz Vermella Española e a Fundación Vodafone España formarán a máis de 2.900 persoas maiores no uso de dispositivos móbiles e novas tecnoloxías

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 09/11/17 (11:41)
  • Desde o ano 2005 máis de 38.000 persoas maiores participaron en diferentes cursos

 

Co fin de promover as vantaxes que ofrecen os dispositivos móbiles avanzados (novos teléfonos intelixentes e tabletas), Internet e as redes sociais para as persoas maiores, a Cruz Vermella Española e a Fundación Vodafone España renovan o seu convenio de colaboración para ofrecer obradoiros formativos a este colectivo.

O obxectivo do devandito convenio, cuxa duración se estenderá ata marzo de 2018, é formar a máis de 2.900 persoas maiores. Desde que comezou a colaboración da Fundación Vodafone España coa Institución en 2006, pasaron por estes cursos case 38.500 persoas.

En relación a esta colaboración, a Cruz Vermella desprega toda unha rede de obradoiros formativos no uso de Smartphone e tabletas entre persoas maiores de 55 anos. Os obradoiros son impartidos polo voluntariado da organización, co apoio do persoal técnico da Institución. Na pasada edición, 205 persoas voluntarias en 90 Asembleas Locais, co apoio de 33 técnicos, impartiron 394 cursos en 20 provincias.

Pola súa banda, a Fundación Vodafone, a través de www.fundacionvodafoneconlosmayores.com, ofrece vídeos formativos breves de carácter gratuíto adaptados á linguaxe das persoas maiores que ensinan como utilizar Smartphone e tablets dunha maneira eficaz e sinxela, tanto para dispositivos con sistema Android como para Ios que incorporan o sistema operativo IOS, ademais de utilizar Internet e redes sociais.

Tema: General
Fuente: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal