Arrincou a cuarta edición de ‘Yo me prep@ro', un dos máis completos e amplos proxectos de formación en Novas Tecnoloxías para persoas con discapacidade intelectual do noso país. O programa lévao a cabo Down España coa colaboración da Fundación Vodafone España. O obxectivo final do mesmo é que os alumnos adquiran unha serie de destrezas e habilidades que lles permitan mellorar as súas posibilidades de acceder a un posto de traballo nunha empresa ordinaria.
En total, este ano son 22 as asociacións federadas a Down España nas que se vai a desenvolver o programa, que conta cun primeiro nivel de iniciación, destinado a aqueles alumnos que non tiveron contacto coas novas tecnoloxías, e un segundo nivel orientado ao ámbito laboral, para aqueles alumnos que tendo formación en Novas Tecnoloxías necesitan unha maior especialización co obxectivo de chegar á inserción laboral.
En cada entidade uno ou dous docentes encárganse de impartir os contidos, axudados por material e equipo tecnolóxico como lousas dixitais, tablets, computadores ou smartphones.
No ‘Nivel iniciación' detállase a continuación o estado do proxecto nas seguintes entidades: Down Córdoba, Down Granada, Down Sevilla. Asedown, Down Sabadell. ANDI, Down Principado de Asturias, Down Toledo, Down Ávila, Down Castelló, Asindown, Down Ourense, Fundown Murcia e Down Vigo.
Completouse o coñecido como ‘Módulo 0', que pretende a cohesión do grupo e a adquisición de dinámicas de traballo en equipo.
Tamén se desenvolveu a totalidade do ‘Módulo 1', chamado ‘Achegándonos ao mundo das tecnoloxías da información e da comunicación: as TICs'. Este módulo é unha introdución ao ámbito das TICs, e nel todos os usuarios superaron os obxectivos previstos, cun alto grao de satisfacción por parte do alumnado. Á hora de traballar estes contidos aplicouse unha metodoloxía eminentemente práctica, e puideron coñecer e manexar as novas tecnoloxías en tendas especializadas.
Outro dos obxectivos propostos neste módulo é a toma de conciencia da importancia de coñecer e desenvolver hábitos saudables cando utilizan as Tics (computador, videoconsola, MP3…). O 80% dos usuarios superou estes obxectivos con éxito. Os responsables indican que é importante seguir traballando este obxectivo ata que o 100% dos alumnos o adquira para así evitar posibles lesións corporais, derivadas de posturas corporais erróneas ou hábitos pouco saudables.
No ‘Nivel profesionalización' participan as seguintes entidades: Down Barbate. Asiquipu, Down Málaga, Down Xerez. Aspanido, Down Zaragoza, Fundabem, Down Palencia, Down Valladolid, Down Compostela, Down Pontevedra. Xuntos, Down Navarra e Fundown Murcia.
Do mesmo xeito que no nivel iniciación, completouse o ‘Módulo 0' de cohesión e traballo en grupo.
En canto ao ‘Módulo 1', neste caso leva por título ‘Que servizos e ferramentas nos ofrece Internet?', e executouse ao 100%. Por contidos, estes son os resultados deste módulo:
Manexo de redes sociais para procura de emprego: O 80% dos usuarios superou os obxectivos con éxito. Seguiranse traballando estes contidos en seguintes sesións
Regístrate como: