Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Unha persoa con lesión medular coa súa coidadora usando un smartphone.

A Fundación do Lesionado Medular (FLM) e a Fundación Vodafone España xuntos pola inclusión das novas tecnoloxías na vida das persoas con lesión medular

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 06/10/17 (11:45)
  • Ambas as entidades puxeron en marcha un proxecto para fomentar a independencia e promover o emprego das persoas con lesión medular

 

A Fundación do Lesionado Medular e a Fundación Vodafone España puxeron en marcha un proxecto enfocado ás novas tecnoloxías, co fin de achegar o emprego e fomentar a independencia das persoas con discapacidade física ou lesión medular e así promover a igualdade de oportunidades deste colectivo.

A tecnoloxía e a informática permiten facilitar as tarefas da vida cotiá das persoas con lesión medular e para iso é necesaria unha constante procura de innovación e especialización. Por iso, a Fundación do Lesionado Medular (FLM) en colaboración coa Fundación Vodafone España, puxeron en marcha un proxecto innovador para mellorar e fomentar a inclusión laboral do colectivo.

O ‘Plan Integral de Formación en Novas Tecnoloxías', que xa deu comezo, permite a todos os beneficiarios (persoas con discapacidade física en situación de desemprego e en proceso de procura activa de emprego) unha especialización pioneira en materias como a impresión 3D e a robótica. A finalidade, é o achegamento a diferentes sectores laborais baseándose na necesidade das empresas de contratar a profesionais con estes coñecementos.

Os cursos dispoñen dunha variedade de temáticas, como Android Básico, Community Manager, deseño e impresión 3D, escaneado 3D ou un sobre Lego Mindstorm Education EV3, que conta cun pack de pezas de lego e accesorios para construír un prototipo de robot. Ademais da aprendizaxe, a montaxe de pezas serve como terapia rehabilitadora, mellorando a destreza e precisión das persoas con lesión medular ou discapacidade física.

As diferentes escolas da Fundación do Lesionado Medular, participarán de maneira activa nos cursos para así englobar o deseño, o escaneado 3D, a impresión 3D e a robótica.

Tema: General
Fuente: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal