Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Portada do informe.

Presentado o Informe Integrado Vodafone 2016-2017

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 21/09/17 (10:38)
  • Principais fitos alcanzados pola Fundación Vodafone España no último exercicio fiscal

Vodafone España presentou onte o seu Informe Integrado 2016-17 que, baixo o lema Conectamos ás persoas para mellorar a súa vida hoxe e construír un mellor mañá”, recolle a estratexia, obxectivos, resultados e as principais iniciativas destinadas a aproveitar o potencial transformador da súa tecnoloxía, produtos e servizos en beneficio da sociedade e o medio ambiente.

Ademais dos obxectivos estratéxicos, o Informe reflicte a creación de valor ao país en termos da contribución económica, social e ambiental da compañía durante o último ano fiscal.

Paralelamente, o Informe mostra os resultados obtidos coas actuacións levadas a cabo ao redor dos obxectivos estratéxicos definidos durante este ano. No apartado de “Sociedade” recolle a actividade desenvolvida pola Fundación Vodafone durante o exercicio 2016-17, no que a Fundación dedicou 5,1 millóns de euros en proxectos das diferentes liñas de actuación “Connecting for Good” (C4G) dirixidas ao desenvolvemento, a promoción e o uso das TIC para mellorar a integración sociolaboral e a calidade de vida das persoas con discapacidade e as persoas maiores.

Entre as súas principais iniciativas neste exercicio destacan as seguintes:

  • Desenvolvemento e lanzamento de Solucións “Connecting for Good”, como aMiAlcance (dirixida a persoas con grandes discapacidades motoras e/ou cognitivas), #ASPACEnet (para a inserción social de persoas con parálise cerebral) ou Mefacilyta (apoios multimedia). No exercicio 2016-17 realizáronse máis de 945.000 descargas de Apps Accesibles da Fundación Vodafone España.
  • Formación “Connecting for Good”. O obxectivo é achegar a persoas maiores e a persoas con discapacidade ás TIC. Máis de 62.000 persoas maiores e máis de 4.800 persoas con discapacidade (650 inseridas laboralmente) foron formadas en TIC a través de cursos presenciais en 2016-17.
  • Promoción do Coñecemento “Connecting for Good”, coa elaboración do Informe “Big data en saúde dixital”, en colaboración con Red.es, ou a convocatoria da X Edición dos Premios Vodafone de Innovación en Telecomunicacións.
  • Colaboracións “Connecting for Good”, como a da Fundación Tecsos, creada por Cruz Vermella Española e Fundación Vodafone España para resolver necesidades sociais e mellorar as condicións de vida de persoas e grupos vulnerables, mediante a aplicación das TIC; ou a celebración da XVI Edición dos Premios Vodafone de Xornalismo.

Por outra banda, no exercicio 2016-17 o 100% das tendas propias xa posúen o Certificado de Accesibilidade Universal.

No que respecta á mellora da Empregabilidade dos Mozos, Vodafone desenvolve diversos programas entre os que destacan:

  • Fast Forward. Trátase dun programa de sesións formativas e motivadoras dirixido a profesionais, autónomos e pemes, onde se ofrecen ferramentas e exemplos prácticos para acelerar a trasformación dixital a través das Novas Tecnoloxías. Durante o ano fiscal 2016-17 este programa percorreu 9 cidades españolas e contou con máis de 1.100 participantes.
  • Programa Minerva. É un programa de emprendemento, promovido pola Junta de Andalucía e Vodafone, para o impulso de proxectos tecnolóxicos na rexión andaluza. Desde 2012 lanzáronse catro programas de aceleración, nos que se impulsaron proxectos emprendedores de todo o ámbito TIC. Minerva contribuíu á creación de máis de 230 empregos en Andalucía, impulsando un total de 63 proxectos.
  • Connecting for Good Galicia. Este programa, dirixido a emprendedores galegos, deseñouse fomentar o desenvolvemento de solucións sociais innovadoras con tecnoloxías accesibles en Galicia

Vídeo resumen dos fitos alcanzados pola Fundación Vodafone en 16-17.

Informe completo e vídeo resumen.

Nota de Prensa.

Tema: General
Fuente: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal